Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de decembro de 2022 pola que se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Castilleja Uno, varada no porto de San Cibrao (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado para coñecemento dos herdeiros do propietario, así como de calquera terceiro persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación, resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Castilleja Uno, con folio 7ª-Vill-3-55, varada no porto de San Cibrao, da cal, segundo os datos do Rexistro Marítimo Español, é propietario Gerardo César Rodríguez Fernández, xa falecido.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade e nun claro estado de abandono desde hai un ano no porto de San Cibrao, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario e do arrendatario.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia