Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de resolucións de modificación do acordo por mor da revisión cartográfica e documental da zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 21 de decembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Nº prop.

Acto que se notifica

34987076-M

481

Resolución do 20.10.2022

34708355-K

518

Resolución do 20.10.2022

34700586-A

525

Resolución do 20.10.2022

María Sampayo Esporta

583

Resolución do 20.10.2022

Pilar Suárez Boo

588

Resolución do 20.10.2022

34717165-E

619

Resolución do 20.10.2022