Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o incumprimento en materia de montes a titulares descoñecidos.

De conformidade co disposto no artigo 67.bis.4 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que non se pode determinar a identidade das persoas responsables dunha infracción en materia de montes, notifícaselle ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa finalización.

Lugo, 21 de decembro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral das parcelas afectadas

Acto de notificación

APE 205/2021

Descoñecido

27900A194000480000SK

Requirimento

APE 205/2021

Descoñecido

27900A194000510000SK

Requirimento

AFC 17/2022

Descoñecido

27039A011000390000GX

Requirimento