Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 5897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria da asemblea para a constitución da Xunta Xestora do Monte Abertal de Ferreirós de Valboa, do concello de Becerreá (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da Xunta Xestora do Monte Abertal de Ferreirós de Valboa, situado na parroquia do mesmo nome, no concello de Becerreá:

Día: 4.2.2023.

Hora: 16.30 horas, en primeira convocatoria. 17.00 horas, en segunda.

Lugar: praza da Ponte de Ferreirós de Valboa.

Concello: Becerreá.

Orde do día:

1. Aprobación dos estatutos do monte Abertal de Ferreirós de Valboa.

2. Constitución da Xunta Xestora.

3. Rolda de intervencións.

Lugo, 21 de decembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo