Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes sancionadores en materia de estradas (clave 058/21 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (avenida María Victoria Moreno 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento do prazo de alegacións ou de recursos. Unha vez transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 15 de decembro de 2022

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

058/21

Laura Pastoriza Casal

Incoación de expediente

61.3.a)

PO-551, Marín-Rande

056/22

Ramón Berguer Sández

Incoación de expediente

61.2.c)

PO-551, Marín-Rande

061/22

Pilar Iglesias Martínez

Incoación de expediente

61.2.g)

PO-551, Marín-Rande