Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 20211024AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 20211024AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Logo de intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 21 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número

de expediente

DNI/NIE/CNI

da persoa interesada

Último endrezo coñecido

20211024AE-OU

X4556793X

Avenida de Celanova, núm. 84, 4º G, 32002 Barbadás (Ourense)

20211026AE-OU

44488466A

As Campinas de Paderne, núm. 14, 32110 Paderne de Allariz (Ourense)

20211027AE-OU

34633902L

As Campinas de Paderne, núm. 14, 32110 Paderne de Allariz (Ourense)

20211032AE-OU

34274957N

Rúa Catasos, núm. 1, Soto (Cabrera), 36458 Lalín (Pontevedra)

20211033AE-OU

47846816P

Freás de Eiras, núm. 57, 32810 Ramirás (Ourense)