Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, de inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias, en primeira adxudicación, de corenta vivendas de protección oficial de promoción pública no concello da Coruña, expediente C-2019/010.

De conformidade co establecido nos artigos 22 e seguintes do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como as acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, en sesión realizada o 22 de decembro de 2022,

ACORDA:

Iniciar o proceso de selección de persoas adxudicatarias de corenta (40) vivendas de protección oficial de promoción pública de réxime xeral sitas no concello da Coruña, expediente C-2019/010, que se desenvolverá de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto do procedemento

1. O procedemento ten por obxecto adxudicar, logo do correspondente proceso de selección previsto nestas bases, as corenta (40) vivendas de protección oficial de promoción pública de réxime xeral sitas na parcela Z-11, sector 10 do parque ofimático da Coruña, expediente C-2019/010, que se indican no anexo I, para a quenda xeral, e no anexo II, para a de mobilidade reducida.

2. Para realizar a adxudicación realizarase un sorteo entre todas as persoas inscritas ou anotadas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección 1ª (demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública) en réxime de alugamento, para o concello da Coruña como concello preferente, elixidas polo procedemento e que cumpran os requisitos previstos nestas bases.

Segunda. Cualificación da promoción e reservas

1. A promoción obtivo a cualificación provisional como vivendas de promoción pública de réxime xeral en virtude da Resolución da xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 3 de maio de 2022.

2. De conformidade co disposto nos artigos 74 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e 34 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, se reservan dúas vivendas para unidades familiares ou de convivencia en que algunha das persoas integrantes teña recoñecida mobilidade reducida cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Terceira. Requisitos dos/das beneficiarios/as

1. Poderán resultar adxudicatarias das vivendas as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade ou menores emancipadas, que sexan titulares dunha unidade familiar ou convivencial, nos termos previstos no artigo 3 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, e con plena capacidade de obrar que reúnan os seguintes requisitos:

a) Atoparse inscritas ou anotadas, na data desta resolución de inicio, na sección primeira do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como concello preferente e, se é o caso, na quenda de mobilidade reducida.

b) Acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial, no último exercicio fiscal vencido, entre 0,7 e 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), ao abeiro do disposto no artigo 18.1 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.

c) Residir ou traballar no concello da Coruña, agás no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.

d) Carecer, calquera membro da unidade familiar ou convivencial, de vivenda en calidade de propietario, agás que se dea algunha das seguintes circunstancias:

• Acreditar que a vivenda que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos especificados na Resolución do 14 de setembro de 2012 do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Neste suposto quedarán obrigados a ofertar ao IGVS a dita vivenda para efectos do disposto no artigo 10.V do Decreto 253/2007, do 13 de decembro.

• Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable ao interesado, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da vivenda.

e) Non atoparse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou convivencial:

• Que xa fosen titulares de VPP e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a alleasen por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados, a xuízo da Comisión Provincial.

• Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.

f) Para as vivendas da quenda de mobilidade reducida, ter recoñecida esta condición no correspondente certificado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, será requisito para a adxudicación da vivenda manter a vixencia da inscrición ao longo de todo o proceso de selección, de xeito que a falta de renovación da inscrición, de resultar obrigado/a a iso nos termos do artigo 15 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, en calquera momento anterior ao acordo de adxudicación definitiva, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.

Cuarta. Réxime de adxudicación das vivendas da promoción

Ao abeiro do disposto no artigo 19.1 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, en relación cos artigos 7, 9.2, 13 e 22.2.c) do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, o réxime de adxudicación das vivendas de protección oficial de promoción pública será en arrendamento.

Quinta. Condicións xerais de carácter económico

1. O contrato de arrendamento terá unha vixencia de 7 anos prorrogables por períodos anuais e estará prohibida en todo caso a cesión ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións ás que houbese lugar.

2. A renda inicial anual será a que resulte de lle aplicar o 3 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e anexos, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007, do 13 de decembro.

3. A eficacia da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo do pagamento por parte da persoa adxudicataria da fianza correspondente.

Sexta. Procedemento de selección

1. O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas.

2. A selección da persoa adxudicataria efectuarase mediante sorteo, que se realizará ante notario o día 15 de febreiro de 2023, agás indispoñibilidade do fedatario autorizante, que a situación sanitaria non o permita ou calquera outra causa de forza maior apreciada pola comisión, casos en que se publicará a data definitiva do sorteo na páxina web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.

No sorteo participarán todas as persoas inscritas ou anotadas, na data desta resolución de inicio, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Sección Primeira, en réxime de aluguer, para o concello da Coruña como concello preferente e que cumpran os requisitos previstos na base terceira 1.a), c) e, se é o caso, f).

Elixidas consonte o procedemento descrito as 40 persoas adxudicatarias provisionais, 38 para a quenda xeral e 2 para a de mobilidade reducida, elixiranse 152 persoas máis que integrarán a lista de reserva da quenda xeral, e 8 de mobilidade reducida, na orde correlativa que resulte do sorteo.

3. Unha vez rematado o sorteo procederase á publicación da lista provisional de persoas adxudicatarias e de reserva. Realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, a Comisión Provincial de Vivenda ditará a resolución aprobatoria da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva.

4. De conformidade co disposto no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, rematado este proceso a Área Provincial notificarallo ás persoas adxudicatarias.

Esta notificación deberá conter, entre outros, os seguintes datos: tipo de vivenda, superficie útil, réxime de adxudicación e prezo de venda ou renda. Igualmente advertiráselles que teñen quince días para aceptar ou renunciar á adxudicación e o pagamento dos impostos, gastos ou fianza, de ser o caso, que lles corresponda.

Sétima. Publicidade, reclamacións e recursos

1. A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no DOG e nela indicarase o medio onde se efectuarán as sucesivas publicacións, entendendo por sucesivas publicacións as das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva.

A publicación das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva realizarase nos taboleiros de anuncios do concello, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.

A publicación substituirá as notificacións persoais de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo da publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentar reclamacións ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.

3. Contra a aprobación da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de reserva, logo da súa publicación nos termos sinalados no punto 1, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitava. Vixencia das listas definitivas

As listas definitivas deste proceso de selección manterán a súa vixencia ata que se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Que se cumpra un ano desde a aprobación de tales listas.

b) Que se produza a súa caducidade automática ao resultar esgotadas por non quedaren persoas integrantes ás que ofertar as vivendas.

c) Que sexan aprobadas novas listas definitivas noutro proceso en que se inclúan vivendas vacantes deste.

A Coruña, 22 de decembro de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Presidenta da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña

ANEXO I

Expediente 2019/010 Parque ofimático A Coruña

Quenda xeral

Situación

Vivenda

Cuartos

Superficie útil

(m2)

Portal

Andar

1

1

1

A

2

64,01

3

2

1

A

3

89,56

4

2

1

B

3

89,41

5

3

1

A

3

89,41

6

3

1

B

3

89,56

7

4

1

A

3

89,64

8

4

1

B

3

89,41

9

1

2

A

2

64,01

11

2

2

A

3

89,56

12

2

2

B

3

89,41

13

3

2

A

3

89,41

14

3

2

B

3

89,56

15

4

2

A

3

89,64

16

4

2

B

3

89,41

17

1

3

A

2

64,02

18

1

3

B

4

104,77

19

2

3

A

3

89,56

20

2

3

B

3

89,41

21

3

3

A

3

89,41

22

3

3

B

3

89,56

23

4

3

A

3

89,64

24

4

3

B

3

89,41

25

1

4

A

2

64,02

26

1

4

B

4

104,77

27

2

4

A

3

89,56

28

2

4

B

3

89,41

29

3

4

A

3

89,41

30

3

4

B

3

89,56

31

4

4

A

3

89,64

32

4

4

B

3

89,41

33

1

5

A

2

64,02

34

1

5

B

4

104,77

35

2

5

A

3

89,56

36

2

5

B

3

89,41

37

3

5

A

3

89,41

38

3

5

B

3

89,56

39

4

5

A

3

89,64

40

4

5

B

3

89,41

ANEXO II

Expediente C2019/010 Parque ofimático A Coruña

Quenda mobilidade reducida

Situación

Vivenda

Cuartos

Superficie útil

(m2)

Portal

Andar

2

1

1

B

3

105,50

10

1

2

B

3

105,50