Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e no Camiño Pouquena en Sabarís, Baiona (Pontevedra)-OH.336.1051 (expediente OH.736.1226).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Baiona (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e no Camiño Pouquena en Sabarís, Baiona (Pontevedra)-OH.336.1051 (expediente OH.736.1226).

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipado do gasto.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 17.994,44 euros. Importe total: 21.773,27 euros.

8. Valor estimado do contrato: 17.994,44 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 14 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 14 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 8 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 9 de xuño de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 2.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 2.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 29 de xuño de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Grusamar Ingeniería y Consulting, S.L.

14.2. NIF: B83341933.

14.3. Enderezo: rolda de Nelle, 14-C1, 15005 A Coruña.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 639 85 30 34.

14.6. Correo electrónico: dgalicia@elsamex.com

14.7. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 14.500,00 euros. Importe total: 17.545,00 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5: promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2: fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1: fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4: medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación resto de medidas para a prevención do risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas Guías de Publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 31 de decembro de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 9 de xuño de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 30 de xuño de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 6 de xullo de 2022.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia