Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/161-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con número de colexiado 1534 do ICOIIG, do 27.10.2021, quen achega declaración responsable de habilitación e competencia da sinalada data.

Solicitante: UFD Distribución de Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: avenida de América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT, RBTS rúa Nova apertura A Farixa-O Polvorín, nº 6 (Ourense).

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 42.154,44 €.

Características técnicas:

– LMTS de acometida a CT proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) de 84 m de lonxitude, con inicio en empalmes para realizar na LMTS BBA810 e fin con E/S no CT proxectado.

– CT compacto, manobra exterior na planta baixa do edificio; 2L1P, telecontrolado GSM/GPRS/FO, na Farixa (Ourense).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense