Na Orde do 21 de xaneiro de 2022 (DOG do 31.1.2022), a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
O artigo 27 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.
Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co Decreto 7/2014, 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (en diante, Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Facer pública na web do Fogga a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2), ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2022.
As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:
https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2022
Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo EURI.
Segundo. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria