Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Orde do 26 de outubro de 2022 (DOG número 212, do 8 de novembro), de acordo co artigo 17 la Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural, que se detalla no anexo que se xunta,
DISPÓN:
Único. De acordo co disposto no punto sexto da convocatoria, declárase deserta por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o desempeño de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural
ANEXO I
Grupo: C1/C2.
Corpo/escala: xeral.
Denominación do posto: secretario/a do/da secretario/a xeral técnico/a.
Código: MR.C02.00.000.15770.001.
Nivel: 18.
Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.
Localidade: Santiago de Compostela.