Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220053TA-OU por infracción en materia sanitaria.

O 6 de setembro de 2022, a xefa territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20220053TA-OU contra a persoa titular do DNI 76622923X.

Tras intentar a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 76622923X que se resolveu dar por rematado o expediente ao recoñecer a súa responsabilidade e ter efectuado o pagamento da sanción, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución perante o xulgado ou a Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, ao abeiro do disposto no artigo 88.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) e artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo), para o que dispón do prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción desta notificación.

De optar por presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, conforme prevén os artigos 121 e 122 da mencionada Lei 39/2015, no prazo dun mes a partir da recepción desta notificación, o importe da sanción imposta será de trinta euros (30,00 €), ao perder o dereito ás reducións indicadas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Transcorrido o prazo dun mes sen que se interpoña o recurso esta resolución será executiva.

Ourense, 15 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense