Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021328AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021328AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza número 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 15 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/CNI

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021328AE-OU

75350981Z

Manuel Fernández Campos, núm. 10, 41130 La Puebla del Río (Sevilla)

2021329AE-OU

38410652P

Manuel Fernández Campos, núm. 10, 41130 La Puebla del Río (Sevilla)

2021353AE-OU

34964147F

Avenida Balneario, núm. 84, 2º esquerda, 32500 O Carballiño (Ourense)

2021943AE-OU

X8881054H

Avenida de Portugal, núm. 108, 2º, 32002 Ourense

2021944AE-OU

Y8253524B

Avenida de Portugal, núm. 108, 2º, 32002 Ourense