Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 1 de decembro de 2022 polo que se notifica a resolución no expediente sancionador iniciado por posible incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Arzúa (expediente SCOVID/ARZUA/0015).

O Concello de Arzúa ditou resolución de declaración de non responsabilidade no expediente sancionador SCOVID/ARZUA/0015 por non vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da resolución ditada no procedemento sancionador en materia sanitaria á persoa interesada que figura no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Arzúa, sitas na rúa Santiago, 2, Arzúa (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselle á persoa interesada que, de non comparecer no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

A resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de Arzúa, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

Rosario Puente Vázquez
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción

SCOVID/ARZUA/0015

44846356J

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non encontrarse, de forma xustificada, en ningunha

das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1) da Lei 33/2011,

do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

Declaración de non responsabilidade