Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase ás persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC, no concello de Barro, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 30 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/186-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC.

Concello: Barro.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36002A203000900000AF

Descoñecido

2022/54/334

2

36002A325000800000BU

Descoñecido

2022/54/333