Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte San Bartolomeu, nos concellos de Abegondo, Ordes, Mesía, Carral e Cerceda (expediente IN408A 2019/081).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Enel Green Power España, S.L. (CIF: B61234613).

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando Casas Novoa, nº 35, portal B, 2º andar, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Monte San Bartolomeu.

Número de expediente: IN408A 2019/081.

Concellos afectados: Abegondo, Ordes, Mesía, Carral e Cerceda (A Coruña).

Potencia para instalar: 46,2 MW.

Número de aeroxeradores que se van a instalar: 9 ud. × 4,5 MW + 1 ud. × 5,7 MW.

Produción media neta estimada: 161.716 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.500 horas.

Orzamento de execución material: 44.036.037,35 €.

Prazo de execución: dez (10) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monte San Bartolomeu

A.D.E

Ordes

Parque eólico Monte San Bartolomeu

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

547.208

4.779.806

Ordes

2

551.672

4.782.039

Carral

3

556.209

4.778.537

Abegondo

4

556.270

4.776.093

Mesía

5

553.748

4.771.588

Ordes

6

549.373

4.771.797

Ordes

Parque eólico Monte San Bartolomeu

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SB-01

551.648

4.772.198

Ordes

SB-02

552.368

4.772.148

Ordes

SB-03

552.927

4.773.006

Ordes

SB-04

552.287

4.772.995

Ordes

SB-05

550.534

4.776.822

Ordes

SB-06

551.569

4.776.511

Ordes

SB-07

551.898

4.776.034

Ordes

SB-08

552.702

4.776.864

Abegondo

SB-09

555.932

4.777.558

Mesía

SB-10

555.853

4.776.911

Mesía

Parque eólico Monte San Bartolomeu

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM

552.154

4.771.799

Ordes

Parque eólico Monte San Bartolomeu

Vértices do CS

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

550.620

4.777.073

Ordes

2

550.634

4.777.071

Ordes

3

550.634

4.777.067

Ordes

4

550.619

4.777.069

Ordes

Parque eólico Monte San Bartolomeu

Vértices da pos.
de transformación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

S1

547.993

4.779.616

Cerceda

S2

548.087

4.779.621

Cerceda

S3

548.089

4.779.581

Cerceda

S4

547.995

4.779.576

Cerceda

Características técnicas da instalación:

• Dez (10) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG 6.0-170 ou similar, de potencia nominal unitaria 4.500 kW en nove deles e 5.700 kW no restante, diámetro do rotor de 170 m e altura ata a buxa de 115 m.

• Dez (10) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de illamento seco, relación de transformación 0,69/33 kV e potencia aparente unitaria 4.800 kVA en nove deles e 6.000 kVA no restante.

• Unha (1) torre meteorolóxica de 115 m de altura total.

• Centro de seccionamento Monte San Bartolomeu 33 kV (en diante, CS).

• Executarase unha ampliación da subestación colectora Meirama de Naturgy, cunha posición de transformación denominada Monte San Bartolomeu 33/220 kV, para elevar a tensión da liña de chegada do PE Monte San Bartolomeu ao nivel do punto de interconexión previsto (220 kV). Compoñerase dos seguintes elementos.

– Un (1) xogo de barras simple no nivel de 220 kV.

– Unha (1) posición de transformador de potencia 220 kV, debidamente equipada cos elementos de manobra, medida e protección.

– Un (1) transformador de potencia trifásico, tipo intemperie, de 50 MVA de potencia e relación de transformación 220/33 kV, con regulación en carga.

– Unha (1) reactancia de posta á terra de 500 A/30 s con seccionador, debidamente equipada cos elementos de protección.

– Un (1) edificio de interconexión e control, onde se aloxarán equipos de control, medida, protección, corrente continua, auxiliares, comunicacións, facturación, etc.

– Sistema de servizos auxiliares.

– Sistema de comunicacións en tempo real mediante fibra óptica.

• Un sistema colector de media tensión (en adiante, MT) formado por cinco circuítos de tensión nominal 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata o CS. O cable utilizado para esta rede será de tipo RH5Z1 18/30 kV, de diferentes seccións (240, 400 y 630 mm²).

• A posta á terra da rede de MT está constituída por un condutor de cobre espido, de sección 70 mm², tendido ao longo da canalización de MT, no fondo dela.

• A rede de comunicacións estará constituída por un condutor de fibra óptica que interconectará os aeroxeradores co centro de control situado no CS.

• A enerxía eléctrica xerada polo PE Monte San Bartolomeu evacuarase a través dunha liña soterrada de 33 kV que vai desde o CS ata a posición de transformación 33/220 kV localizada na ampliación da subestación colectora Meirama de Naturgy. A lonxitude aproximada da dita liña é de 4.450 m e a cablaxe é de tipo RH5Z1 18/30 kV 3×3×630 mm². A partir da subestación colectora Meirama, a enerxía evacuarase a través da liña que conecta esta coa subestación Meirama 220 kV, de REE e actualmente en servizo, onde verterá a enerxía á rede de transporte.

• Non forman parte do alcance deste proxecto nin a subestación colectora Meirama (excepto a súa ampliación coa posición de transformación Monte San Bartolomeu 33/220 kV) nin a súa liña de interconexión coa subestación existente Meirama 220 kV de REE, senón que forman parte doutro proxecto independente denominado parque eólico Meirama, con número de expediente IN408A 2018/27, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. e actualmente en tramitación.

Obxecto da información pública.

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto (vsdo. o 14.12.2022).

1.1. Plano xeral do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asdo. o 19.11.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (vsdo. o 14.12.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do Concello de Abegondo, Ordes, Mesía, Carral e Cerceda (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 28 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña