Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete á información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Muíños (expediente IN407A 2022/208-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese á información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LAT 132 kV As Conchas-Salas D.A.R. AP. 3.

Situación: concello de Muíños.

Características principais recollidas no proxecto:

• Para corrixir a situación antirregulamentaria substituirase o apoio 3 (AG-AC) polo novo apoio 3N tipo (AG-AC), de maior altura, sen cambio de trazado, que se situará baixo a traza a 5 m do existente en sentido ao apoio 4. Tendido de novo condutor LA-180 e cable de terra e fibra óptica, FREESPAN-16/2xAC50, no van afectado. Situación en coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29 do novo apoio X: 578477,53; Y: 4643862,16.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dos dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado pola enxeñeira industrial María Isabel López Ferrer, con núm. de colexiada 17566 do COIIM, o 30.8.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios dos bens e dos dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou as observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 4 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/208-3.

Situación: concello de Muíños.

Denominación: LAT 132 kV As Conchas-Salas D.A.R. AP. 3.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32052A03500699.

Lugar: A Mariposa.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido/a.

Afeccións: apoio/CT números 3N, ocupación de 14,91 m2.