Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para a renovación do parque de 15 kV da subestación eléctrica Sárdoma 132/15 kV, no termo municipal de Vigo (expediente IN407A 2022/134-4).

Feitos:

1. O 13.4.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD) presentou, ante a Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a renovación do parque de 15 kV da subestación eléctrica Sárdoma 132/15 kV, á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2022/134-4.

Esta solicitude acompañouse da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado subestación Sárdoma 132/15 kV-Blindaxe de MT. Proxecto técnico administrativo, asinado polo enxeñeiro industrial Diego Berguño Suárez (colexiado nº 4.290 do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Asturias) e visado por este colexio, con nº 20220458V e data 31.3.2022, cun orzamento total de 1.290.928,49 euros, e no cal se incorpora a declaración responsable do técnico proxectista (segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro).

• Estudo de seguridade e saúde e estudo de xestión de residuos, asinados polo técnico proxectista e visados polo citado colexio con nº 20211383V e data 25.10.2021.

Segundo consta no proxecto presentado, actualmente a referida subestación, propiedade de UFD e localizada na parroquia de Sárdoma, no termo municipal de Vigo, está conformada polas seguintes instalacións:

• Dous transformadores de potencia (T-I e T-II) de 136/15,75 kV e 40 MVA cada un.

• Parque convencional de 132 kV, en intemperie e configurado en dobre barra, coas seguintes posicións: 3 posicións de liña (Pazos de Borbén, Mos e Balaídos), 1 posición de acoplamento de barras, 2 posicións de transformador (T-I e T-II) e 1 posición de medida de tensión de barras de 132 kV.

• Parque blindado de 15 kV, en interior de edificio con celas de albanelaría e configurado en dobre barra, coas seguintes posicións: 14 posicións de liña (Beade, López Neira-1, Moledo, López Neira-2, Hospital Meixoeiro, Martínez Garrido-Cog. Troncalva Solar, Seur-Balaídos, Seixo, Alcampo, López Neira-3, Álvarez, Reserva, Álvarez-Peinador e Reserva), 2 posicións de acoplamento lonxitudinal de barras, 2 posicións de acoplamento transversal de barras, 2 posicións de secundario de transformador (T-I e T-II), 2 posicións de transformador de SS.AA. (15/0,42 kV de 250 kVA) e 2 posicións de medida de tensión de barras.

A actuación proxectada ten por obxecto a renovación completa do parque de 15 kV, instalando un conxunto de celas blindadas de dobre barra no interior do edificio existente dentro da subestación, e consistirá na blindaxe do parque de 15 kV mediante a instalación de celas illadas en SF6, na sala do edificio ocupada polas antigas celas de media tensión, en que se albergarán dous novos transformadores para SS.AA. de 15/0,42 kV e 160 kVA cada un.

2. O 12.12.2022, a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente IN407A 2022/134-4, deu traslado del á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para os efectos da súa resolución. A xefatura territorial incorporou ao expediente o informe favorable dos seus servizos técnicos, do 30.11.2022.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG nº 101, do 27 de maio), no artigo 28 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é a seguinte:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

3. Informe, emitido o 30.11.2022 polos servizos técnicos da xefatura territorial, en que se conclúe que non se presentan obxeccións técnicas para continuar coa tramitación do proxecto da subestación Sárdoma 132/15 kV-Blindaxe de MT. Proxecto técnico administrativo.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción para a renovación do parque de 15 kV da subestación eléctrica Sárdoma 132/15 kV, no termo municipal de Vigo (expediente IN407A 2022/134-4).

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado subestación Sárdoma 132/15 kV-Blindaxe de MT. Proxecto técnico administrativo, asinado polo enxeñeiro industrial Diego Berguño Suárez (colexiado nº 4.290 do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Asturias) e visado por este colexio, con nº 20220458V e data 31.3.2022, e no cal figura un orzamento total de 1.290.928,49 euros.

2. A empresa promotora (UFD Distribución Electricidad, S.A.) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

7. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais