Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1359

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da acta de entrega ao Concello de Ourense da estrada OU-0568 rúa Quintián-Alejandro Pedrosa (OU-0526) e parcialmente da OU-0526 Ourense (OU-0551)-Amoeiro (OU-0524).

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega ao Concello de Ourense da estrada OU-0568 denominada rúa Quintián-Alejandro Pedrosa (OU-0526), desde o p.q. inicial 0+000 ao p.q. final 1+140, e dun treito da estrada OU-0526 denominada Ourense (OU-0551)-Amoeiro (OU-0524), desde o p.q. inicial 0+000 ao p.q. final 0+507.

Ourense, 5 de decembro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

Acta de entrega ao Concello de Ourense da estrada OU-0568
rúa Quintián-Alejandro Pedrosa (OU-0526) e parcialmente
da OU-0526 Ourense (OU-0551)-Amoeiro (OU-0524)

Comparecen:

Dunha parte, José Manuel Baltar Blanco, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Ourense, en representación desta entidade.

Doutra parte, Gonzalo Pérez Jácome, alcalde do Concello de Ourense, en representación do Concello.

Expoñen:

A Deputación Provincial de Ourense solicitoulle ao Concello de Ourense o cambio de titularidade da estrada OU-0568 denominada rúa Quintián-Alejandro Pedrosa (OU-0526), desde o p.q. inicial 0+000 ao p.q. final 1+140, e dun treito da estrada OU-0526 denominada Ourense (OU-0551)-Amoeiro (OU-0524), desde o p.q. inicial 0+000 ao p.q. final 0+507, a prol do Concello, tendo en conta que eses treitos das estradas provinciais carecen de funcionalidade na rede local da Deputación Provincial de Ourense. O Concello de Ourense amosou a súa conformidade ao cambio proposto mediante acordo da Xunta de Goberno local na sesión do 28 de abril de 2022.

A Comunidade Autonómica de Galicia, mediante o Decreto 159/2022, do 8 de setembro, publicado no Diario Oficial de Galicia o 26 de setembro de 2022, aprobou o cambio de titularidade proposto.

Acordos adoptados:

De conformidade co artigo 18.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estrada de Galicia, formalizar o cambio de titularidade a prol do Concello de Ourense.

Clave

Denominación

p.q.

inicial

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

p.q.

fin

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

OU-0568

Rúa Quintián-Alejandro Pedrosa (OU-0526)

0+000

592.675, 4.689.537

1+140

593.151, 4.690.087

OU-0526

Ourense (OU-0551)-Amoeiro (OU-0524)

0+000

593.151, 4.690.087

0+507

593.049, 4.690.515

O que en proba de conformidade asinan os comparecentes dixitalmente.

O presidente da Deputación Provincial de Ourense

O alcalde do Concello de Ourense