Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1361

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da acta de entrega ao Concello de Xinzo de Limia dun treito da estrada OU-1102 Xinzo (N-525)-Vilar de Barrio, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+310.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega ao Concello de Xinzo de Limia dun treito da estrada OU-1102 Xinzo (N-525)-Vilar de Barrio, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+310.

Ourense, 5 de decembro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

Acta de entrega a prol do Concello de Xinzo de Limia dun treito da estrada OU-1102 Xinzo (N-525)-Vilar de Barrio, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+310

Comparecen:

Dunha parte, José Manuel Baltar Blanco, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Ourense, en representación desta entidade.

Doutra parte, Elvira Lama Fernández, alcaldesa do Concello de Xinzo de Limia, en representación do Concello.

Expoñen:

O Concello de Xinzo de Limia solicitoulle á Deputación de Ourense o cambio de titularidade dun treito da estrada OU-1102 Xinzo (N-525)-Vilar de Barrio, localizado entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+310, desde o cruzamento coa rúa San Sebastián ata o cruzamento coa rúa Marcelo Macías, a prol do Concello, ao entender que ese treito da estrada provincial OU-1102 carece de funcionalidade na rede local da Deputación de Ourense. A Deputación de Ourense amosou a súa conformidade ao cambio proposto no Pleno levado a cabo o 22 de decembro de 2021.

A Comunidade Autonómica de Galicia, mediante o Decreto 111/2022, do 9 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia o 22 de xuño de 2022, aprobou o cambio de titularidade proposto.

Acordos adoptados:

De conformidade co artigo 18.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, formalizar o cambio de titularidade a prol do Concello de Xinzo de Limia.

Clave

Denominación

P.q. ini.

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

P.q. fin

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

OU-1102

Xinzo (N-525)-Vilar de Barrio

0+000

605.715, 4.657.726

0+310

605.940, 4.657.947

O que en proba de conformidade asinan os comparecentes dixitalmente.

O presidente da Deputación Provincial de Ourense

A alcadesa do Concello
de Xinzo de Limia