Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1357

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da acta de entrega ao Concello de Allariz da estrada OU-0152 Allariz (OU-320)-Allariz (N-525), entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+100.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas, faise pública a seguinte acta de entrega ao Concello de Allariz da estrada OU-0152 Allariz (OU-320)-Allariz (N-525), entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+100.

Ourense, 5 de decembro de 2022

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense

Acta de entrega ao Concello de Allariz da estrada OU-0152 Allariz
(OU-320)-Allariz (N-525), entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+100

Comparecen:

Dunha parte, José Manuel Baltar Blanco, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Ourense, en representación desta entidade.

Doutra parte, María Cristina Cid Fernández, alcaldesa do Concello de Allariz, en representación do Concello.

Expoñen:

A Deputación Pronvincial de Ourense solicitoulle ao Concello de Allariz o cambio de titularidade da estrada OU-0152 Allariz (OU-320)-Allariz (N-525), entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+100, a prol do Concello, tendo en conta o compromiso adquirido polo Concello de asumir a cesión desta estrada se a Deputación promovía as obras de remodelación da OU-0152 para camiño escolar CEIP Padre Feijóo. O Concello de Allariz amosou a súa conformidade co cambio proposto.

A Comunidade Autonómica de Galicia, mediante o Decreto 132/2022, do 14 de xullo, publicado no Diario Oficial de Galicia o 29 de xullo de 2022, aprobou o cambio de titularidade proposto.

Acordos adoptados:

De conformidade co artigo 18.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estrada de Galicia, formalizar o cambio de titularidade a prol do Concello de Allariz.

Clave

Denominación

p.q.

inicial

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

p.q.

fin

Coordenadas

UTM 29-ETRS 89

OU-0152

Allariz (OU-320)-Allariz (N-525)

0+000

599.152, 4.671.355

1+100

599.963, 4.671.657

O que en proba de conformidade asinan os comparecentes dixitalmente.

O presidente da Deputación
Provincial de Ourense

A alcadesa do Concello de Allariz