Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lle notifica á persoa beneficiaria do dereito de asistencia xurídica gratuíta o trámite de audiencia acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2022/4464-2 e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o trámite de audiencia acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta no marco do procedemento de revogación por mellor fortuna, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O prazo de que dispón a persoa beneficiaria do dereito para facer efectivo o trámite de audiencia é de dez días hábiles, que comezarán a contarse o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución.

Lugo, 23 de novembro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acordo notificado

PR204A2022/4464-2

Y6268428E

Trámite de audiencia

PR204A2022/5101-2

Y6268428E

Trámite de audiencia