Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 28 de novembro de 2022
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
PR204A2022/2316-2 |
Selene López García |
Desestimatoria |
PR204A2022/3667-2 |
Jesús Gómez López |
Desestimatoria |
PR204A2022/3717-2 |
Invest Capital |
Estimatoria parcial |
PR204A2022/3749-2 |
Elsa Yudelca Bear Lantigua |
Estimatoria |
PR204A2022/3803-2 |
Marcos Fernández López |
Estimatoria |
PR204A2022/3847-2 |
Marta Amat Casariego |
Estimatoria parcial |
PR204A2022/3875-2 |
Fco. José Meléndez Asensio |
Estimatoria |
PR204A2022/3830-2 |
José M. Fernández Neira |
Estimatoria |