Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 28 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2022/00206).

O día 7 de outubro de 2022, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de inscrición no mencionado rexistro (expediente LU-2022/00206), cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.

O dito requirimento non se puido notificar persoalmente aos interesados. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), efectúase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentaren a documentación requirida. De non o faceren así, consideraranse desistidas da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

O texto íntegro do acto que se notifica, xunto co seu respectivo expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 28 de novembro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A).

Número de expediente: LU-2022/00206.

Persoas interesadas (NIF e pasaporte): 77405405D e GD237189.

Documentación requirida: véxanse os artigos 5.h) e 11, números 1 e 2.b), do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.