Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar no cal efectuar a correspondente notificación.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.
Lugo, 28 de novembro de 2022
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Núm. de expediente |
NIE/Pasaporte |
Acto notificado |
LU-2013/00136 |
X3060609E/DU4860178 |
Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia |