A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal e de persoal laboral fixo polos procedementos de concurso de méritos e de concurso-oposición.
As bases das convocatorias e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
Os prazos de presentación de solicitudes serán:
– Procesos selectivos para contratación de persoal laboral temporal: dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
– Procesos selectivos para contratación de persoal laboral fixo: vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día 16 de xaneiro de 2023.
San Cibrao das Viñas, 26 de decembro de 2022
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne