Anúnciase a exposición das bases e a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, aprobada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral referenciadas no anexo do Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria das prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia.
As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia