Praza: un/unha (1) programador/a. NRP: 6090021.
As bases do proceso selectivo estarán expostas, unha vez que se abra o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o día 16 de xaneiro de 2023, na sede da Fundación CESGA (Edificio CESGA, avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles que se contarán a partir da data de inicio citada no parágrafo anterior.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022
Lois Orosa Nogueira
Director-xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia