Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2022/075-4 modificado).

O 15 de marzo de 2022, UFD Distribución de Electricidad, S.A. solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica Regulamentación LMT VLG806 de apoios 9OGSLW5H//12, 9ODMU6PJ//16 e 9OBVQ7LM//18 (expediente IN407A 2022/075-4).

O 21 de marzo de 2022, esta xefatura territorial ditou unha resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2022/75-4). Esa resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de abril de 2022 coas seguintes características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 275 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9OHLJU0P//11 da LMT VLG806 e final no apoio proxectado 9OBVQ7LM//18 na VLG806. A instalación está situada en Meloxo, O Grove.

O 19 de xullo de 2022, UFD Distribución de Electricidad, S.A. achegou un proxecto modificado en que destaca sobre todo o cambio de situación dun apoio, ademais dunha actualización da relación de bens e dereitos afectados.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT VLG806 de apoios 9OGSLW5H//12, 9ODMU6PJ//16 e 9OBVQ7LM//18 (expediente IN407A 2022/075-4 modificado).

Situación: concello do Grove.

Características técnicas: retirada dos apoios 9OGSLW5H//12, 9PF3HY2M, 9OEC2VAW//15 e 9OCXNG46//17 e a substitución dos apoios 9PG2FFBV, 9ODMU6OJ//16 e 9OBVQ7LM//18 por apoios metálicos de tipo C-1000-16. Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 275 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9OHLJU0P//11 da LMT VLG806 e final no apoio proxectado 9OBVQ7LM//18 na VLG806. A instalación está situada en Meloxo, O Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/075-4 modificado.

Denominación: Regulamentación LMT VLG806 de apoios 9OGSLW5H//12, 9ODMU6PJ//16 e 9OBVQ7LM//18.

Concello: O Grove.

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio

m2

2

Caminiño

Monte baixo

CMVMC de San Martiño do Grove

9ODMU6OJ//16

2

3

Caminiño

Monte baixo

José Ramón Otero Brea

9OBVQ7LM//18

2