Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/006-4 modificado).

O 18 de xaneiro de 2022, UFD Distribución de Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II-soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N (expediente IN407A 2022/006-4).

O 23 de marzo de 2022, esta xefatura territorial ditou unha resolución pola que se someteu a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2022/006-4). Esa resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de abril de 2022 coas seguintes características técnicas: liña de alta tensión subterránea, a 66 kV, con condutor AL 630+H165, de 1.112 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 37N e final no PAS no apoio proxectado nº 41N. Retensado dos vans aéreos comprendidos entre o apoio nº 36 e nº 37N (106,42 metros) e entre o apoio nº 41N e nº 43. A instalación está situada no municipio de Vilaboa.

O 31 de maio de 2022, UFD Distribución de Electricidad, S.A. achegou un proxecto modificado co obxectivo de evitar o máximo posible a afección á N-544 para cumprir as condicións necesarias para a autorización do Ministerio de Transportes, Mobilidade y Axenda Urbana.

Polo tanto, para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II-doterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N (expediente IN407A 2022/006-4 modificado).

Situación: concello de Vilaboa.

Características técnicas: liña de alta tensión subterránea, a 66 kV, con condutor AL 630+H165, de 1.162 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado nº 37N e final no PAS no apoio proxectado nº 41N. Retensado dos vans aéreos comprendidos entre o apoio nº 36 e nº 37N (106,42 metros) e entre o apoio nº 41N e nº 43. A instalación está situada no concello de Vilaboa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/006-4 modificado.

Denominación: LAT 66 kV Pontesampaio-Cangas II-soterramento do tramo entre os apoios 37N e 41N.

Concello: Vilaboa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Deilán

Matogueira

36058A06601239

Hros. de Juan Alvariña Martínez

1

4,00

8,46

12,89

2

A Loxe

Viña

36058A06700133

Concepción Fernández Martínez

19,6

27,47

3

A Loxe

Matogueira

36058A06700132

Juventino Fernández Curra

1

4,00

1,65

6,31