No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 278, do 5 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
Dúas prazas de auxiliar administrativo/a, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Cinco prazas de operarios/as de servizos múltiples, pertencentes á escala de Administración especial, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Dúas prazas de operarios/as de limpeza, pertencentes á escala de Administración especial, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de traballador/a social, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de educador/a familiar, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de axente de desenvolvemento local, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de informador/a xuvenil, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de axente TIC, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Un/unha praza de auxiliar administrativo/a do xulgado de paz, pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Dez prazas de auxiliar de axuda no fogar, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.
Catro prazas de operarios/as de servizos múltiples, pertencentes á escala de Administración especial, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda libre.
Unha praza de orientador/a laboral, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Catro prazas de auxiliar de axuda no fogar, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Unha praza de persoal de apoio ao punto de atención á infancia, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Así mesmo, as bases que regulan o proceso selectivo publicáronse integramente no taboleiro de edictos da corporación, así como na páxina web municipal do Concello de Carballedo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do Concello de Carballedo.
Carballedo, 5 de decembro de 2022
Julio Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde