Esta oferta pública extraordinaria aprobouse mediante o Decreto da Alcaldía do 26 de abril de 2022, anunciada mediante o edicto publicado no BOP núm. 98, do 30 de abril de 2022, e no DOG núm. 97, do 20 de maio.
Mediante o Decreto da Alcaldía do 14 de decembro de 2022 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir as prazas e publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense número 290, do 21 de decembro, as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso-oposición as seguinte prazas:
Concurso-oposición:
– Arquitecto/a técnico/a (agrupada co Concello de Monterrei), asimilado A2, laboral fixo.
– Operario/a condutor/a de rozadoira (agrupada co Concello de Monterrei), grupo V, laboral fixo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica municipal (https://cualedro.sedelectronica.es).
Cualedro, 23 de decembro de 2022
Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde