No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Ourense núm. 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG núm. 115, do 16 de xuño de 2022, publicouse a oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal do Concello de Calvos de Randín, de conformidade coa Lei 20/2021, aprobada mediante a Resolución da Alcaldía do 29 de maio de 2022.
Mediante a Resolución da Alcaldía do día 22.12.2022 aprobáronse as bases reguladoras que deben rexer a convocatoria e a execución do proceso de estabilización do emprego no Concello de Calvos de Randín.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No taboleiro de anuncios e na páxina web deste concello: http://www.calvosderandin.com/webjoomla/index.php/es/concello/noticias aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección.
Tamén aparecerán os sucesivos anuncios desta convocatoria.
Calvos de Randín, 23 de decembro de 2022
Aquilino Valencia Salgado
Alcalde