Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o plan de restauración do establecemento de beneficio vinculado á concesión de explotación San Juan número 5226, no termo municipal da Gudiña, provincia de Ourense.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

Acorda someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, o plan de restauración do establecemento de beneficio vinculado á concesión de explotación San Juan nº 5226, no termo municipal da Gudiña, promovido por Tungsten San Juan, S.L. con domicilio social na rúa Nelson Mandela, nº 8, Perillo 15172 Oleiros (A Coruña).

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito plan poderán examinalo nas dependencias desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1-3ª, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no portal da devandita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Así mesmo, poderán formular as súas alegacións por escrito perante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración do establecemento de beneficio, cuxa autorización compete á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, ao abeiro do establecido na Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

Ourense, 30 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense