Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerdido (expediente IN407A 2021/261-1).

Expediente: IN407A 2021/261-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT MEA-803 (Somozas)-apoios 78-33 a 78-40.

Concello: Cerdido.

1. Características técnicas:

– Substitución dos apoios pertencentes á LMT MEA-803 procedente da subestación Mera identificados como B31XQ80R//78-33, B2XIO3BW//78-34, B2SQB14N//78-37, B2QE8MJG//78-38, B2MP9OU6//78-39 e 2JW8H9K//78-40, e recolocación do apoio B2VN3FX1//78-36, por sete (7) novos apoios metálicos tipo celosía de características C-1000/14 (2), C-3000/14, C-4500/16, C-2000/16 e C-1000/12 (2).

– LMT aérea, a 20 kV, de 568 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, coa orixe no apoio núm. 78-36 recolocado (matrícula: B2VN3FX1) e remate no novo apoio núm. 78-40 proxectado (matrícula: 2JW8H9K) da LMT MEA-803.

– Rentensado do treito de LMTA comprendido entre o apoio núm. 78-36 e o CT Regueirolongo (expediente IN407A 2016/764-1/matrícula: 15CT68) existente.

– LMTA a 20 kV, de 152 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110 Al, coa orixe no novo apoio núm. 78-33 proxectado (matrícula: B31XQ80R) e remate no novo apoio núm. 78-34 proxectado (matrícula: B2XIO3BW).

– Rentensado do treito de LMTA comprendido entre o apoio núm. 78-34 e o CT Regueirolongo (expediente IN407A 2016/764-1/matrícula: 15CT68) existente.

– Instalación dun novo conxunto de autoválvulas na fachada do CT Regueirolongo (15CT68, IN407A 2016-764-1).

– Localización: lugar de Regueirolongo, termo municipal de Cerdido.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Termo municipal de Cerdido

Núm. de predio: 1C.

Ref. catastral: 5025A038000520000BO-Polígono 38, parcela 52.

Lugar: lugar de Rega Grande.

Cultivo: matogueira.

Propietario/a: descoñecido/a.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-33, afección 2 m2.

Núm. de predio: 1R.

Ref. catastral: 5025A038000500000BO-Polígono 38, parcela 52.

Lugar: lugar de Rega Grande.

Cultivo: matogueira.

Propietario/a: descoñecido/a.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-33, afección 2 m2.

Núm. de predio: 2.

Ref. catastral: 15025A038000260000BJ-Polígono 38, parcela 26.

Lugar: lugar de Regueirolongo.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietario: Pastor Díaz Caneiro.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-34, afección 2 m2.

Núm. de predio: 3.

Ref. catastral: 5025A039002000001ZX-Polígono 39, parcela 20.

Lugar: lugar da Cancela.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietario: José Manuel Tubío Fernández.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-36, afección 2 m2.

Núm. de predio: 5.

Ref. catastral: 15025A039000160000BG-Polígono 39, parcela 16.

Lugar: lugar de Clemente.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietario: Ángel Manuel Santalla Abel.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-38, afección 2 m2.

Núm. de predio: 6.

Ref. catastral: 15025A039000920000BM-Polígono 39, parcela 92.

Lugar: lugar de Candorna.

Cultivo: matogueira.

Propietario/a: descoñecido/a.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-39, afección 2 m2.

Núm. de predio: 7.

Ref. catastral: 15025A039002270000BE-Polígono 39, parcela 227.

Lugar: lugar de Leira Grande.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietaria: Pilar Mouriz Sabio.

Afección solo en pleno dominio:

– Apoio núm. 78-40, afección 2 m2.