Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación, denominado Bibi número 5284 para recursos da sección C), sito no concello de Viana do Bolo (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do permiso de investigación que se cita:

Nome: Bibi.

Número de expediente: 5284.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Viana do Bolo (Ourense).

Titular: Corcel Minerals, S.L.

Superficie: 9 cuadrículas mineiras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-3ª, 32003 Ourense) ou ben no portal de transparencia da Consellería https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e poderán presentar alegacións, no prazo de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 29 de novembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense