No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 289, do 20 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais dos procesos selectivos para a execución da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal no Concello de Maceda, segundo o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como as bases específicas da convocatoria excepcional dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal e ingreso por quenda libre nas seguintes prazas estruturais do Concello de Maceda de persoal laboral fixo:
– Arquitecto/a: 1 praza (concurso).
– Auxiliar administrativo/a: 3 prazas (concurso).
– AEDL: 1 praza (concurso).
– Traballador/a social: 1 praza (concurso).
– Educador/a familiar: 1 praza (concurso).
– Psicólogo/a CIM: 1 praza (concurso).
– Asesor/a xurídico/a CIM: 1 praza (concurso).
– Educador/a social: 1 praza (concurso).
– Limpador/a: 2 prazas (concurso).
– Chofer: 1 praza (concurso).
– Peón: 2 prazas (concurso).
– Encargado/a de servizos: 1 praza (concurso).
– Encargado/a de pavillón: 1 praza (concurso).
– Monitor/a deportivo/a: 1 praza (concurso).
– Encargado/a de biblioteca e monitor/a: 1 praza (concurso).
– Monitor/a de centros educativos fóra de horario lectivo: 1 praza (concurso).
– Mestre/a da escola infantil: 5 prazas [concurso (4) e concurso-oposición (1)].
– Auxiliar SAF: 10 prazas ([concurso (9) e concurso-oposición (1)].
– Auxiliar do xulgado de paz: 1 praza (concurso).
– Auxiliar de policía local: 1 praza (concurso).
O prazo de presentación de solicitudes de participación nos procesos selectivos é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os anuncios sucesivos relativos a esta convocatoria publicaranse, cando proceda segundo as bases, no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal e na páxina web do Concello.
Maceda, 20 de decembro de 2022
Rubén Quintas Rodríguez
Alcalde