No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 272, do 28 de novembro de 2022, así como na sede electrónica do Concello de Lourenzá (Lugo), publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, no Concello de Lourenzá (Lugo), incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro), que a seguir se sinalan:
Unha praza de auxiliar de axuda no fogar, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
Unha praza de operario/a de servizos múltiples, maquinista, condutor/a, do cadro de persoal laboral fixo, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios desta entidade e na páxina web do Concello de Lourenzá.
Lourenzá, 29 de novembro de 2022
Rocío López García
Alcaldesa