Na Resolución da Alcaldía número 2022-1209, do 19 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que regularán os procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas no proceso de estabilización de emprego temporal das ofertas de emprego público dos anos 2019 e 2021 e que a seguir indicamos:
Persoal funcionario:
• 1 administrativo/a.
• 1 conserxe.
• 1 sepultureiro/a.
• 2 auxiliares administrativos/as.
• 1 técnico/a de intervención.
Persoal laboral:
• 1 avogado/a.
• 1 psicólogo/a.
• 1 técnico/a sociocultural.
• 1 educador/a familiar.
• 1 coordinador/a de ludoteca.
• 1 monitor/a de ludoteca.
• 1 axente de desenvolvemento local.
• 1 orientador/a profesional.
• 1 peón/oa de servizos.
• 1 profesor/a de música.
• 1 profesor/a de música fixo descontinuo.
• 2 profesor/a de música fixo descontinuo 2/3 xornada.
• 2 conserxes.
• 1 conserxe ½ xornada.
• 9 limpadores/as.
• 1 técnico/a de cultura e deportes.
• 1 oficial 1ª electricista.
O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Moaña:
https://concellodemoana.sedelectronica.gal
Moaña, 20 de decembro de 2022
Leticia Santos Paz
Alcaldesa