Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun albergue na Cela (Mondariz).

Logo de aprobar inicialmente o seguinte Plan especial pola Resolución da Alcaldía núm. 1018, do 30 de novembro de 2022, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese á información pública por un prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://mondariz.sedelectronica.gal].

Durante o devandito prazo, poderá examinarse por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun albergue na Cela por un prazo máximo de dous anos, contados desde a devandita aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Mondariz, 1 de decembro de 2022

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde