Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 1 de decembro de 2022, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se indican, para o ano 2023:
– Persoal funcionario:
Grupo: C.
Subgrupo: C2.
Denominación: auxiliar administrativo/a.
Nº de prazas : 1.
– Persoal laboral:
Categoría : auxiliar.
Denominación: auxiliar de axuda a domicilio.
Nº de prazas: 3.
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel se resolva expresamente ou se producira a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Baños de Molgas, 1 de decembro de 2022
O alcalde
P.O. (Decreto do 21.9.2021)
Mª José Mangana Guede
Concelleira de Deportes, Recursos Humanos e Réxime Interior