No BOP de Lugo núm. 292, do 23 de decembro de 2022, publícanse as convocatorias, bases xerais e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, no Concello de Barreiros, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de emprego temporal (D.A. 6 da Lei 20/2021, do 28 de decembro), que a continuación se sinalan, mediante o sistema de concurso, acceso libre ou con reserva para persoas con capacidades diferentes, segundo se indica en cada caso:
Número de prazas |
Denominación |
Réxime xurídico (funcionario ou laboral) |
Grupo/nivel/ grupo de cotización |
Cota |
4 |
Auxiliar administrativo/a |
Funcionario |
C2/13 |
Xeral |
1 |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Funcionario |
A1/22 |
Xeral |
1 |
Enxeñeiro/a técnico/a agrícola/forestal |
Funcionario |
A2/16 |
Xeral |
2 |
Diplomada/o de escola infantil |
Funcionario |
A2/16 |
Xeral |
4 |
Técnico/a especialista de escola infantil |
Funcionario |
C1/13 |
Xeral |
1 |
Animador/a sociocultural |
Funcionario |
A2/16 |
Xeral |
1 |
Técnico/a informático/a |
Laboral |
Asimilada a grupo A2/ grupo de cotización 2 |
Xeral |
1 |
Capataz de incendios |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 8 |
Xeral |
1 |
Responsable de servizos múltiples |
Laboral |
Asimilada a grupo C1/grupo de cotización 5 |
Xeral |
1 |
Oficial de edificios |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 8 |
Xeral |
2 |
Oficial do servizo de augas |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 8 |
Xeral |
2 |
Operario/a de servizos múltiples |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 9 |
Xeral |
1 |
Operario/a do servizo de augas |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 9 |
Xeral |
2 |
Limpeza de edificios |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 10 |
1 xeral/1 discapacidade |
1 |
Cociñeiro/a de escola infantil |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 7 |
Xeral |
1 |
Auxiliar de escola infantil |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 7 |
Xeral |
1 |
Educador/a familiar (xornada parcial) |
Laboral |
Asimilada a grupo A2/grupo de cotización 2 |
Xeral |
2 |
Limpeza de colexios |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 10 |
Xeral |
17 |
Auxiliar de axuda no fogar |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 10 |
Xeral |
1 |
Conserxe do Colexio San Miguel |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 9 |
Xeral |
1 |
Técnico/a sanitario/a do posto de primeiros auxilios |
Laboral fixo-discontinuo |
Asimilada a grupo C1/grupo de cotización 3 |
Xeral |
6 |
Socorristas |
Laboral fixo-discontinuo |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 8 |
Xeral |
1 |
Auxiliar de cultura |
Laboral |
Asimilada a grupo C2/grupo de cotización 9 |
Discapacidade |
1 |
Operario/a de servizos múltiples |
Laboral |
Asimilada a grupo E/grupo de cotización 9 |
Discapacidade |
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios ou na web do Concello de Barreiros.
Barreiros, 20 de decembro de 2022
Ana Belén Ermida Igrexas
Alcaldesa