Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OT1, OE 1.2.4. do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, para a execución das obras previstas no Plan funcional de ampliación da Área de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos devanditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, faise constar que o luns 13 de xullo de 2020 publicouse no DOG a Resolución do 29 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), como medio propio personificado, da execución das obras previstas no Plan funcional de ampliación da Área de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Este encargo será susceptible de financiamento ao 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: OT1 Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, OE 1.2.4 Actuacións necesarias para reforzar as capacidades de resposta á crise de saúde pública provocada pola COVID-19. Trátase dunha iniciativa de investimento como resposta da Unión Europea ao coronavirus.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde do 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos