Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio son informadas as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na cal se ingresará o depósito.

Vigo, 2 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/199-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

54057A151000890000BZ

Hros. José Lino Fernández Alonso

2022/54/335

3

54057A150000410000BR

Descoñecido

2022/54/337