Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 5 da LAT 66 kV Lourizán-Cangas II, no concello de Pontevedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 5 da LAT 66 kV Lourizán-Cangas II, que se realizarán na casa do concello de Pontevedra, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 2 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/146-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución apoio 5 da LAT 66kV Lourizán-Cangas II.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36900A019000540000QH

Braneira

Descoñecida

12 de xaneiro de 2023

12.00