Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de decembro de 2022 polo que se aproba inicialmente e se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de urbanización da fase C do parque de actividades económicas de Arteixo.

De conformidade co establecido na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o proxecto de urbanización da fase C do parque de actividades económicas de Arteixo foi aprobado inicialmente e sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo