Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2022, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 19 de setembro de 2022, de baixa do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgotada a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 1 de decembro de 2022

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Viajes Airbus, S.A.

Signatura: XG-PO-000016.

Razón social: Viajes Airbus, S.A.

Domicilio: República Argentina, 12 B.

CP: 36201.

Municipio: Vigo.