Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de novembro de 2022 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario e prórroga, da concesión outorgada ao Club Náutico Deportivo de Riveira para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Ribeira.

Logo de solicitude do concesionario Club Náutico Deportivo de Riveira, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 21 de maio de 2020 iniciar o trámite de modificación, por ampliación de prazo extraordinario e prórroga, da concesión outorgada ao Club Náutico Deportivo de Riveira para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Ribeira.

Para poder xustificar a ampliación de prazo extraordinario e prórroga, o concesionario acreditou a realización dunha serie de investimentos e propón a realización doutros no futuro.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia