Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no termo municipal da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1).

Expediente: IN407A 2022/71-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT.

Termo municipal: A Laracha.

Feitos:

Primeiro. O 7 de marzo de 2022, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, coa finalidade de corrixir as caídas de tensión existentes na RBT no lugar da Viña, termo municipal da Laracha, que se están a producir polo aumento da potencia punta de demanda, polo que se proxecta para tal fin a instalación dun novo centro de transformación (CT) prefabricado de 50 kVA de potencia, dunha liña de media tensión soterrada que o alimentará conectándose ao CT Golmar Gasolineira (expediente IN407A 2022/54-1) e dunha nova saída de baixa tensión soterrada desde o centro de transformación proxectado que enlazará coa rede de baixa tensión existente nos pasos soterrados-aéreos (PS/A) para instalar nos novos apoios de formigón que substituirán as actuais, respectando á súa localización e que implicará a desmontaxe do treito aéreo comprendido entre os ditos apoios e a reposición dunha acometida a unha vivenda.

Segundo. A promotora achegou, xunto coa antedita solicitude, o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, subscrito o 17 de febreiro de 2022 por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade (colexiado nº 2.608, do COETI da Coruña), con visado nº 481/22-CO con data do 21 de febreiro de 2022 do dito órgano colexial.

– Declaración responsable asinada o 3 de febreiro de 2022 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios para aplicar co fin de exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG nº 229, do 30 de novembro), na cal manifesta que o proxecto cumpre coa normativa que lle é de aplicación nos termos establecidos no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro) e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19.3.2014).

Terceiro. A solicitude de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. inclúe unha relación concreta e individualizada dos bens e/ou dereitos que o solicitante considera de necesaria expropiación segundo o establecido no artigo 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Cuarto. A solicitude de Hidroeléctrica de Laracha, S.L. someteuse ao trámite de información pública mediante Acordo do 5 de agosto de 2022 desta xefatura territorial, que foi publicado nos seguintes medios:

– DOG nº 161, do 25.8.2022.

– BOP nº 152, do 11.8.2022.

– Xornal La Voz de Galicia, do 4.8.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello da Laracha, segundo certificación emitida o 21.10.2022 pola Secretaría do Concello da Laracha.

Quinto. Dentro do prazo consignado no trámite de información pública, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (COEIG) presentou o 6 de outubro de 2022 alegacións ao proxecto por considerar que a denominación do técnico proxectista como «enxeñeiro técnico industrial» sen indicación expresa da especialidade que lle confire a competencia para a redacción do proxecto LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT é incompleta. Fundamenta a súa alegación referíndose á doutrina establecida polo Tribunal Supremo respecto da valoración que a Administración debe facer non só da idoneidade do proxecto, senón da capacidade profesional do técnico que o redacta, e subliña que as atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriais, distintas das dos enxeñeiros industriais, se rexen polo principio de especialidade técnica, e na Sentenza ditada o 8 de xullo de 2022 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, dentro do procedemento ordinario 81/2021 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia contra o Concello de Arteixo, Peteiro Motor, S.L. e Asociación Provincial de Estaciones de Servicio da Coruña, incorporada ao presente expediente polo alegante o 8 de novembro de 2022, en resposta a un requirimento desta xefatura territorial, na cal se determina que cando non consta acreditada a especialidade do enxeñeiro técnico industrial que redactou e asinou o proxecto, iso (...) é un óbice importante para apreciar favorablemente a competencia del, xa que hai especialidades afastadas do tipo de instalación a que se refire o proxecto (...), engadindo que a carga da proba corresponde a quen afirma a competencia dese técnico redactor. Remata o COEIG a súa alegación solicitando que non se admita ou, de ser o caso, sexa denegada a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no Concello da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1), ao non estar xustificada a competencia do técnico redactor do proxecto.

Desta alegación deuse traslado a Hidroeléctrica de Laracha, S.L. para que manifestase o que considerase oportuno e, a maiores, requiríuselle a acreditación da especialidade do enxeñeiro técnico industrial que asina o proxecto técnico que acompaña a súa solicitude de autorización das instalacións eléctricas presentada o 7 de marzo de 2022. Hidroeléctrica de Laracha, S.L. respondeu ao anterior nos seguintes termos:

– O 28 de outubro de 2022 presentou un escrito en resposta á alegación formulada polo COEIG no que manifesta que (...) o proxecto obxeto do presente expediente, así como o resto de proxectos sometidos a autorización por esta distribuidora ante esa xefatura territorial, están asinados por un técnico coas competencias e atribucións suficientes, de acordo coa Lei que regula as atribucións profesionais dos enxeñeiros técnicos industriales, e visados polo Colexio Oficial de Inxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, o que acredita a dita habilitación profesional. Engade que (...) entende esta distribuidora que non é este o ámbito en que deban resolverse as cuestións formuladas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

– Con data do 7 de novembro de 2022, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. achegou en formato pdf escaneado o título emitido pola Universidade da Coruña o 27 de febreiro de 2006, do enxeñeiro técnico industrial que subscribiu o proxecto técnico que acompaña a solicitude de autorización deste expediente. O citado título indica que Juan Jesús Arijón Lafuente é enxeñeiro técnico industrial coa especialidade de Electricidade.

Sexto. O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (Coeticor) incorporouse ao trámite de alegación en cuestión o 27 de outubro de 2022 mediante da presentación dun escrito en que manifesta, en síntese, o seguinte:

• (...) Ante as alegacións presentadas nesta xefatura anéxase certificado 45/2022 asinado polo secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, José Manuel Seijo Casal.

• No dito certificado dise, literalmente:

– Que Juan Jesús Arijón Lafuente, con DNI 79326034T, titulado pola Universidade da Coruña, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade, é enxeñeiro técnico industrial colexiado nº 2.608 desta corporación.

– Que, en base na súa titulación profesional definida de enxeñeiro técnico industrial, este colexio profesional do 21 de febreiro de 2022, otorgou visado con número de rexistro 481/22-CO a proxecto de LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, situada na Laracha (A Coruña), cuxa promotora é Hidroeléctrica de Laracha, S.L., subscrito polo citado enxeñeiro técnico industrial, ao abeiro da Lei que regula as súas atribucións profesionais.

Remata o Coeticor o seu escrito solicitando que se admita a trámite a documentación presentada polo Sr. Arijón, con respecto ao proxecto de LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, con número visado en Coeticor 481/22-CO e que se proceda a comunicar a presente actuación administrativa ao Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, con sede na rúa Sinfónica de Galicia, nº 8, posto que a presente actuación transcende a unha cuestión de competencia profesional de interese xeral.

Sétimo. De acordo co establecido nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas que emitisen informe ou, de ser o caso, establecesen o condicionado técnico que considerasen pertinente sobre a proposta técnica recollida no proxecto de referencia obxecto da solicitude feita por Hidroeléctrica de Laracha, S.L., para o que lles foi remitida unha separata do dito proxecto, que contén, as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo. Hidroeléctrica de Laracha, S.L. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello da Laracha, Augas de Galicia, Consellería do Medio Rural (Servizo de Infraestruturas Agrarias) e Deputación Provincial da Coruña.

Oitavo. Con data 16 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19.3.2014).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• CT prefabricado de formigón, compacto de manobra interior, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15.000-20.000/400-230 V, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas.

• LMTS a 15/20 kV (tensión de servizo 15 kV), de 810 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm2 Al), coa orixe en cela de liña do CT Golmar Gasolineira (expediente IN407A 2022/54-1) e remate no CTC proxectado.

• Localización: lugar da Viña, termo municipal da Laracha.

1. Á vista das alegacións presentadas ao proxecto da instalación eléctrica, da contestación que deu a elas a empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto o seguinte:

– Nas distintas sentenzas aludidas polo COEIG queda claramente establecido que o nivel de titulación do profesional que redacta un proxecto non pode deixarse ao arbitrio de quen solicite unha autorización, como é a distribuidora Hidroeléctrica de Laracha, S.L. no caso que nos ocupa, nin do Colexio ao cal corresponda o técnico autor do proxecto, ao ser inseparable o criterio que formule a Administración.

– Igualmente, as ditas sentenzas determinan que para a resolución dun expediente administrativo no que se exixa un proxecto técnico este constitúe un elemento básico do que, segundo o artigo 93 da Lei de procedemento administrativo, debe ser valorado pola Administración, non só en canto se refire á súa idoneidade obxectiva, senón tamén en relación a capacidade profesional de quen o redacte, tendo en conta que só cunha titulación adecuada poderá a Administración asegurar a conformidade do proxecto coas exixencias técnicas que dimanen do obxecto para o cal se solicite unha licenza (ou unha autorización administrativa como o caso que nos ocupa), e que os enxeñeiros técnicos industriais terían as facultades xenéricas para asinar determinados tipos de proxectos con límites cuantitativos de potencia, tensión e persoal de traballadores que establecía para os peritos industriais o Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, e as facultades plenas dentro da especialidade de cada un (Mecánica, Eléctrica, Química Industrial e Téxtil) correspondente á súa diferente titulación, que lles é atribuída pola Lei 12/1986.

– Hidroeléctrica de Laracha, S.L. acreditou a especialidade en Electricidade do enxeñeiro técnico industrial que subscribe o proxecto técnico LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT con base no que fixo a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto.

Por todo o exposto, a solicitude realizada polo COEIG para que non se admita ou, de ser o caso, sexa denegada a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no Concello da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1), debe ser desestimada.

1. Respecto do escrito presentado polo Coeticor, no que solicitan cal se admita a trámite a documentación presentada (o certificado mencionado no feito sexto da presente resolución) e que se lles comunique o que resulte da presente actuación administrativa, cómpre indicar que non solicitan nin din expresamente cal é a pretensión da súa alegación e do certificado achegado. Non obstante, é razoable entender que o obxectivo das súas manifestacións é o de que o certificado asinado polo secretario e decano deste colexio profesional sexa suficiente para acreditar a competencia profesional do enxeñeiro técnico industrial que subscribiu o proxecto técnico das instalacións obxecto deste expediente, tendo en conta os fins evidentes dun colexio profesional respecto dun dos seus colexiados. Tendo en conta isto e do que se desprende da anterior consideración legal e técnica 4., o visado por si mesmo non pode ser un obstáculo para que a Administración actúe na súa faceta de control e revisión da competencia profesional do autor dun proxecto técnico.

2. Respecto do trámite de separatas, consta no expediente o seguinte:

– A promotora da instalación, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. manifestou a súa conformidade co informe emitido polo Concello da Laracha.

– O 24 de outubro de 2022 Hidroeléctrica de Laracha, S.L., incorporou ao expediente IN407A 2022/71-1 as autorizacións sectoriais de Augas de Galicia (clave DH.W15.83697), Medio Rural (informes do 5.7.2022 con referencias 2022/1711770_1, 2022/1711770_2 e 2022/1711770_3) e Deputación Provincial da Coruña (expediente 2022000012183).

– Con data do 3 de novembro de 2022, recibiuse nesta xefatura un informe do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural, no cal se indica: (...) non é preciso emitir informe dado que o proxecto non afecta ningunha zona de concentración parcelaria (...). A promotora aceptou este informe.

1. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a Hidroeléctrica de Laracha, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións recollidas no proxecto LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT no termo municipal da Laracha, coas características anteriormente descritas.

Declarar a utilidade pública, en concreto, das anteditas instalacións eléctricas, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto, se axustará ás seguintes condicións:

– As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado LMTS e CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, asinado por Juan Jesús Arijón Lafuente, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade (colexiado nº 2.608, do COETI da Coruña), con visado nº 481/22-CO, con data do 21 de febreiro de 2022 do dito órgano colexial, e no cal figura un orzamento de execución material de 145.257,47 €.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2. do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– A presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV, de conformidade co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

– En canto aos bens e dereitos afectados por esta instalación eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L. respectará en todo momento os condicionados, informes e/ou autorizacións emitidos por estes.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, Hidroeléctrica de Laracha, S.L. solicitará expresamente a esta xefatura territorial a autorización de explotación delas xunto coa seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a Hidroeléctrica de Laracha, S.L. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña