Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo de revisión do esbozo do monte veciñal Monte de Abaixo, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, no concello de Moraña.

Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade do Acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 4 de outubro de 2022, ao respecto da revisión do esbozo e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal denominado Monte de Abaixo, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, no concello de Moraña (Pontevedra) (expediente RE22001).

O 21 de setembro de 2022 o Servizo de Montes desta xefatura territorial emite o seguinte informe:

«Feitos:

Primeiro. Con data do 20 de novembro de 1979, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común (en diante, MVMC) de Pontevedra emite resolución de clasificación do Monte de Abaixo, Ponte Terraña, Fonte Fieira, Carballeira de Grixó e Souto e Forno da Tella, como de propiedade dos veciños da Aldea da Fonte, Grixó e Souto, no concello de Moraña, tal que como se describe no resultando correspondente:

Nome do monte: Monte de Abaixo, Ponte Terraña, Fonte Fieira, Carballeira de Grixó e Souto e Forno da Tella.

Cabida: 15 ha.

Límites:

Norte: río Umia.

Leste: termo de Silvoso, Chaián de Abaixo e Peroxa.

Sur: termo de Moraña e Saiáns.

Oeste: termo de Covelo e río Umia».

Nesta clasificación, no resultando sétimo, na letra i), cítase:

«A comunidade dos lugares de Souto e Grixó comparece e reclama os montes seguintes: Monte de Abaixo (núm. 109 do catálogo de UP), Carballeira de Grixó, Balboa, Ponte Terraña e Carballeira de Souto».

Segundo a información que consta no Rexistro de MVMC de Pontevedra, a resolución de clasificación adquiriu firmeza ao non ser impugnada na vía administrativa nin na contencioso-administrativa.

Segundo. O estudo previo de clasificación do Monte de Abaixo, Ponte Terraña, Fonte Fieira, Carballeira de Grixó e Souto e Forno da Tella establece:

No seu punto 2.4:

«Considerando os datos de nome, pertenza e lindeiros do catálogo, malia certa imprecisión neles, chégase á conclusión de que o Monte de Abaixo de Aldea da Fonte, Grixó e Souto se corresponde co MUP número 109, Monte de Abaixo, de pertenza segundo catálogo á parroquia de Lamas».

No catálogo destes antigos montes de utilidade pública (MUP), o MUP número 109, chamado Monte de Abaixo, no termo municipal de Moraña e de pertenza segundo catálogo á parroquia de Lamas, vén descrito da seguinte maneira:

«Cabida: 7 ha.

Límites:

Norte: con propiedades particulares.

Leste: co monte de Chaián de Arrriba de Laxe.

Sur: coa estrada de Porráns a Cuntis.

Oeste: idem».

Desta mesma maneira tamén vén descrito na solicitude de clasificación deste Monte de Abaixo, realizada polos veciños de Souto e Grixó, do 5 de xaneiro de 1978, que aclaran que o monte está no Rexistro da Propiedade.

Terceiro. Segundo os datos do Rexistro de MVMC de Pontevedra, na actualidade os montes de Monte de Abaixo, Ponte Terraña, Fonte Fieira, Carballeira de Grixó e Souto e Forno da Tella non están deslindados, polo que a cartografía existente é o esbozo que existe no estudo previo de clasificación.

Non constan resolucións xudiciais nin posúe instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia. Constan no Rexistro de Montes varias permutas e unha servidume.

Cuarto. Con data do 13 de maio de 2022, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, no concello de Moraña, solicita a revisión parcial do esbozo do monte veciñal clasificado. En concreto, solicita a revisión do esbozo do monte chamado Monte de Abaixo por advertir un erro no esbozo deste monte, que está representado nun lugar que non se corresponde coa realidade.

Realiza, segundo manifestación, un levantamento topográfico da parcela con GPS de precisión centimétrica percorrendo todo o perímetro con varios membros da Xunta Reitora actual, e identifica muros que separan o Monte de Abaixo de outras propiedades alleas.

Coa solicitude presenta informe técnico e planimetría en soporte papel e dixital da revisión solicitada.

Quinto. Con data do 7 de xuño de 2022, presenta nova planimetría e informe técnico, despois do requirimento realizado polo Servizo de Montes, e aclaración de que a CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto non ten terreos veciñais onde agora está o esbozo do Monte de Abaixo (parcela 573 do polígono 2), terreos que pertencerían á CMVMC de Chaián de Abaixo.

Sexto. O Monte de Abaixo, segundo a nova memoria e planimetría presentada, ten unha superficie de 8,25 ha e un perímetro de 1.423,06 m, que correspondería en gran parte coa parcela 371, do polígono 3, a nome da CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto e anacos das parcelas en investigación: 224 e 366, do mesmo polígono.

As referencias e superficies afectadas polo perímetro desta revisión son:

Referencias catastrais intersectadas no perímetro

P. catastral

Sup. catastro

Sup. dentro do esbozo

Sup. (m2)

Sup. (ha)

36032A00300224

8.409

253

0,025

36032A00300371

98.890

75.906

7,591

36032A00300366

364.369

6.334

0,633

8,25

Parte da superficie desta revisión afecta o esbozo da CMVMC de Chaián de Arriba, coa que a CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto ten un acordo de deslindamento sen formalizar, segundo se manifesta na memoria técnica.

Sétimo. Con data do 11 de agosto de 2022, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra acorda solicitarlle ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión e elaboración da cartografía actualizada do monte veciñal clasificado a favor da CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto (Moraña), expediente RE22001, coa finalidade de dar cumprimento ao establecido na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, LMG), na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

A Dirección Xeral de Ordenación Forestal estableceu que a disposición transitoria décimo terceira se aplique de xeito preferente cando o monte veciñal sexa estremeiro con propiedades particulares. Pola súa vez, cando existan lindes entre montes veciñais en man común aplicarase o establecido no artigo 53 da LMG.

Segunda. A LMG recolle no punto 10 do artigo 8 a definición de couto redondo: superficie forestal continua, entendendo que a dita continuidade non se verá interrompida por límites naturais (ríos, lagos, encoros, etc.), artificiais (vías de comunicación) nin administrativos (concellos, provincias, etc.).

Terceira. O artigo 30 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 13/1989 (DOG núm. 186, do 23 de setembro) establece:

«A resolución firme de clasificación dun terreo como monte veciñal en man común deberá conter os requisitos necesarios para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade, de conformidade co disposto na Lei hipotecaria e no seu regulamento, e virá acompañado de planimetría suficiente que permita a identificación do monte. A citada resolución, unha vez firme, producirá os seguintes efectos:

– Atribuír propiedade.

– Servir de título inmatriculador suficiente para a inscrición do monte no Rexistro da Propiedade.

– Estará exento dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e será gratuíto...».

Cuarta. A Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria de 1946 (BOE núm. 151, do 25 de xuño) prevé a coordinación gráfica das inscricións do Rexistro da Propiedade co Catastro:

«1. A base de representación gráfica dos predios rexistrais será a cartografía catastral, que estará á disposición dos rexistradores da propiedade.

2. Nos casos de incorporación da representación gráfica xeorreferenciada conforme o disposto na letra b) do artigo 9, deberase achegar, xunto ao título inscritible, certificación catastral descritiva e gráfica do predio, salvo que se trate dun dos supostos regulados no número 3 deste artigo.

O rexistrador incorporará ao folio real a representación gráfica catastral achegada sempre que se corresponda coa descrición literal do predio na forma establecida na letra b) do artigo anterior, e fará constar expresamente no asento que na data correspondente o predio quedou coordinado graficamente co Catastro. Así mesmo, o rexistrador trasladará ao Catastro o código rexistral dos predios que foron coordinados.

No suposto de que a correspondencia non quede acreditada, o rexistrador dará traslado desta circunstancia ao Catastro por medios telemáticos, e motivará a través dun informe as causas que impediron a coordinación, para os efectos de que, se for o caso, o Catastro incoe o procedemento oportuno».

Quinta. A revisión do esbozo realizarase só dunha parte dos montes clasificados á CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, en concreto do Monte de Abaixo, inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, tomo 473, libro 74, folio 23, predio número 7.143.

Este monte procede do antigo monte de UP número 109, segundo se cita na resolución de clasificación, no estudo previo e na solicitude de clasificación realizada polos veciños de Souto e Grixó con data do 5 de xaneiro de 1978, descrito da seguinte maneira:

«Cabida: 7 ha.

Límites:

Norte: con propiedades particulares.

Leste: co monte de Chaián de Arrriba de Laxe.

Sur: coa estrada de Porráns a Cuntis.

Oeste: idem».

Nesta descrición, o Monte de Abaixo linda polo leste co monte Chaián de Arriba de Laxe, feito que non ocorre no actual esbozo e, porén, si ocorre na revisión presentada.

Sexta. A revisión do esbozo do Monte de Abaixo proposta polo Servizo de Montes, é a presentada pola comunidade, que cumpre os requisitos establecidos no artigo 30 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 13/1989 e da Lei 13/2015, do 24 de xuño, de reforma da Lei hipotecaria.

A liña proposta inclúe case toda a parcela catastral 371, a nome da comunidade de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, e anacos das parcelas en investigación 224 e 366, todas elas do polígono 3, segundo o seguinte cadro:

Referencias catastrais intersectadas no perímetro

P. catastral

Titular

Sup. catast.

Sup. dentro do esbozo

Sup. (m2)

Sup. (ha)

36032A00300224

En investigación

8.409

253

0,025

36032A00300371

MVMC Souto-Aldea da Fonte e Grixo

99.833

75.906

7,591

36032A00300366

En investigación

181.862

6.334

0,633

8,25

A liña vén dada polas seguintes coordenadas UTM (ETRS89 29N):

Punto

X

Y

Punto

X

Y

1

535760,03

4717423,42

30

535507,45

4717605,07

2

535769,59

4717404,3

31

535510,6

4717609,77

3

535789,65

4717378,56

32

535516,54

4717605,4

4

535774,91

4717372,94

33

535522,9

4717601,42

5

535762,31

4717365,89

34

535527,36

4717599,07

6

535762,3

4717366

35

535531,6

4717595,79

7

535766,49

4717267,61

36

535536,56

4717592,97

8

535740,32

4717205,98

37

535536,85

4717592,72

9

535718,56

4717198,5

38

535540,31

4717589,78

10

535691,34

4717195,38

39

535542,69

4717587,12

11

535673,49

4717195,95

40

535548,35

4717582,9

12

535659,31

4717203,6

41

535553,98

4717579,46

13

535623,03

4717225,71

42

535561,33

4717575,13

14

535599,6

4717234,44

43

535565,23

4717573,32

15

535599,12

4717234,62

44

535570,38

4717570,47

16

535550,74

4717306,98

45

535575,69

4717567,11

17

535540,68

4717305,39

46

535582,22

4717563,46

18

535516,34

4717349,42

47

535582,23

4717563,46

19

535501,52

4717364,24

48

535582,29

4717563,41

20

535528,51

4717493,83

49

535602,21

4717549,58

21

535500,46

4717513,46

50

535602,21

4717549,58

22

535485,65

4717530,92

51

535605,68

4717546,45

23

535471,55

4717545,2

52

535607,02

4717545,25

24

535481,59

4717557,19

53

535615,8

4717537,34

25

535485,94

4717570,3

54

535679,58

4717479,87

26

535488,98

4717575,22

55

535693,34

4717470,4

27

535492,16

4717580,34

56

535697,17

4717476,98

28

535501,85

4717596,02

57

535701,58

4717473,23

29

535504,3

4717599,98

Sétima. Proponse a revisión parcial do esbozo do MVMC Monte de Abaixo, Ponte Terraña, Fonte Fieira, Carballeira de Grixó e Souto e Forno da Tella, clasificado á CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, en Moraña, en concreto proponse a revisión do esbozo do Monte de Abaixo, segundo as coordenadas reflectidas no punto segundo do ordinal sexto das consideracións legais e técnicas, cunha cabida de 8,25 ha e de acordo coa seguinte descrición e cos planos en soporte papel e dixital que son parte inseparable deste informe:

Nome do monte: Monte de Abaixo.

Cabida: 8,25 ha.

Límites:

Norte e oeste: predios particulares.

Sur e leste: monte de Chaián de Arriba.

En canto á totalidade do monte clasificado, queda coa mesma cabida e os mesmos límites xerais da clasificación».

Vista a proposta de revisión presentada polo Servizo de Montes sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Monte de Abaixo e de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, este xurado provincial, por unanimidade dos seus membros

ACORDA:

Aprobar a revisión do esbozo do monte denominado Monte de Abaixo clasificado a prol da CMVMC de Aldea da Fonte, Grixó e Souto, no concello de Moraña, segundo as coordenadas reflectidas no punto sexto das consideracións legais e técnicas, cunha cabida de 8,25 ha e de acordo coa seguinte descrición e cos planos en soporte papel e dixital que son parte inseparables da resolución:

Nome do monte: Monte de Abaixo.

Cabida: 8,25 ha.

Límites:

Norte e oeste: predios particulares.

Sur e leste: monte de Chaián de Arriba.

Pontevedra, 9 de novembro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

missing image file